Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19914

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe/a de sección da Unidade de Coidados Paliativos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe/a de sección da Unidade de Coidados Paliativos.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco (45) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que se deberán dirixir á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderanse presentar no Rexistro de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 4 de maio de 2016

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de sección da Unidade de Coidados Paliativos da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.