Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoas.

Ao ter sido interposto pola Federación de Servicios Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia recurso contencioso-administrativo nº 180/2016 P.A., contra o acordo da Xunta de Goberno Local do 3.2.2016 que declara caducada a oferta de emprego público correspondente aos anos 2010/2011 (2ª fase), que se está a tramitar ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, mediante este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, procédese a emprazar os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 14 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal