Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19838

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (L-5/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: L-5/2016.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza do Palacio Municipal de María Pita, Edificio Municipal sito na rúa Franxa, nº 20 e dependencias administrativas situadas na Casa Paredes (avenida da Mariña, nº 18), que fomente a estabilidade no emprego e o respecto ao ambiente na súa execución.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 536.133,02 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 30 de maio de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de abril de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración