Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 35/2015 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 23730

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: redación do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 253.989,60 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 253.989,60 €. Importe total: 307.327,42 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.3.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.4.2016.

c) Adxudicataria: IDOM, Ingeniería y Consultoría, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 177.792,72 €. Importe total con IVE: 215.129,19 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

P.D. O secretario xeral técnico
P.S. (Orde do 4.12.2015; DOG núm. 236, do 11 de decembro)
José Antonio Domínguez Varela
Vicesecretario xeral da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas