Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19707

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 23 de decembro de 2015.

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2015 (DOG do 8 de xaneiro de 2016), acordouse convocar o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Mediante a Resolución do 17 de febreiro de 2016 (DOG do 23 de febreiro), da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, faise pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 23 de decembro de 2015.

O artigo 17 da dita orde fai referencia aos requisitos, a formación e a habilitación das persoas que poderán actuar como asesores e avaliadores, e o artigo 16 establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo o proceso de avaliación das diferentes unidades de competencia para as cales se convoca o procedemento de avaliación e acreditación, polo que esta dirección xeral

RESOLVE:

Modificar a composición das comisións de avaliación establecidas na Resolución do 17 de febreiro de 2016 (DOG do 23 de febreiro), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 23 de decembro de 2015 (DOG do 8 de xaneiro de 2016), segundo o que figura no anexo desta resolución, debido a circunstancias sobrevidas de carácter persoal.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

– Na páxina 6634, no cadro correspondente á Comisión de avaliación de Emerxencias sanitarias no CIFP Manuel Antonio, débese substituír a:

Camilo Cores Cobas

36029723Q

E nomear como vogal a:

Ángel Chayán Zas

76819488V

– Na páxina 6636, no cadro correspondente á Comisión de avaliación Obras de interior, decoración e rehabilitación no CIFP Porta da Auga, débese substituír a:

Julio Marquina Fuentes

34951993C

E nomear como vogal a:

Miguel Ángel López Dosil

33274456B