Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de acumulación do expediente sancionador 2016081TA-CO ao expediente sancionador 2016080TA-CO, instruído por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 13 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de acumulación do expediente sancionador 2016081TA-CO ao expediente 2016080TA-CO instruído a José Manuel Rodríguez González.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Manuel Rodríguez González o contido do dito acordo de acumulación que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 5 de maio de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016081TA-CO.

Interesado: José Manuel Rodríguez González.

DNI/NIF/CIF: 35251956V.

Último enderezo coñecido: San Salvador, 68, 3º D, 15404 Ferrol.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Acordo de acumulación do expediente 2016081TA-CO ao expediente 2016080TA-CO, instruído na Xefatura Territorial de Sanidade da Coruña, por infraccións da lexislación aplicable en materia sanitaria. Dito acordo ditouse en aplicación do artigo 73 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), no que se prevé o seguinte: «o órgano administrativo que inicie ou tramite un procedemento calquera que sexa a forma da súa iniciación, poderá dispor a súa acumulación a outros cos que garde identidade substancial ou íntima conexión…».