Aprobados os pregos cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do arrendamento de dúas edificacións con destino a almacén para os distintos servizos do Concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.
1. Obxecto: a contratación do arrendamento de dúas edificacións con destino a almacén para os distintos servizos do Concello de Sanxenxo.
2. Duración do contrato: un (1) ano con posibilidade de dúas prórrogas dun (1) ano cada unha.
3. Prezo de licitación: o orzamento máximo (3 anualidades) de licitación, co IVE, é de 69.696,00 € para o lote A e 52.272,00 € para o lote B. O orzamento máximo de licitación mensual, co IVE, ascende a 1.936,00 € para o lote A e 1.452,00 € para o lote B.
4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante concurso público.
5. Criterios de adxudicación:
– Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación mensual, co IVE, que figura para cada lote. Valorarase ata un máximo de 50 puntos.
– Edificación ofertada: ata un máximo de 50 puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar documentación descritiva da edificación ofertada.
6. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.
7. Mesa de contratación: designados os seus membros por Resolución da Alcaldía do 26 de abril de 2016. Será constituída de acordo co sinalado na cláusula 12ª dos pregos respectivos.
8. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. - Perfil do contratante.
Sanxenxo, 26 de abril de 2016
Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde