Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da explotación do quiosco municipal, existente no parque público infantil do Espiñeiro, e para a instalación e explotación de terraza anexa.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da explotación do quiosco municipal, existente no parque público infantil do Espiñeiro, e para a instalación e explotación de terraza anexa, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da explotación do quiosco municipal, existente no parque público infantil do Espiñeiro, e para a instalación e explotación de terraza anexa.

2. Duración do contrato: catro (4) anos, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e sen posibilidade de prórroga.

3. Orzamento mínimo de licitación: o valor estimado do contrato polas catro anualidades é de 20.040,00 euros (inclúe o canon de costas, 1.440,00 €/ano). O IVE é de 2.998,80 euros e o valor estimado total do contrato, incluído o IVE, ascende a 23.038,80 euros.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con múltiples criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 9ª e 10ª dos pregos respectivos:

a) Calidade das instalacións: ata un máximo de vinte (20) puntos; para estes efectos, os licitadores deberán presentar unha memoria que describa a prestación do servizo na cal se recollerá obrigatoriamente o plan de conservación e mantemento do local (quiosco) e instalacións anexas (baños públicos e terraza) onde se prestará o servizo, e os incrementos de calidade na prestación sobre o previsto nos pregos que rexen esta contratación. Será valorada ata un máximo de vinte (20) puntos.

b) Prezo. A puntuación máxima que se outorgará por este criterio será de vinte (20) puntos conforme a seguinte distribución: a razón de dous (2) puntos por cada cinco (5) % de alza sobre a cantidade de 3.570,00, sen IVE. No caso de que se ofrecese unha fracción de incremento que non alcanzase o 5 % de alza, a puntuación que se outorgaría por esta fracción sería proporcional con dous decimais.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 11ª e 12ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias: non se exixen, en virtude do disposto no Real decreto 773/2015, no punto 5 do artigo 11, por non superar o valor estimado do contrato os 35.000,00 euros.

10. Garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación, excluído o IVE (das 4 anualidades).

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es Perfil do contratante.

Sanxenxo, 25 de abril de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde