Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria documentalmente simplificada, para o servizo de recollida de datos para a realización de estatísticas agroforestais, 2 lotes (expediente 22/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de recollida de datos para a realización de estatísticas agroforestais.

c) División por lotes e número: si, dous.

Lote 1: enquisa do sector porcino industrial e recollida de información sobre o sacrificio de gando nos matadoiros e actualización do directorio. Lote 2: recollida dos prezos e salarios percibidos e pagados polos agricultores, prezos conxunturais de produtos agrícolas, prezos de venda e arrendamento de terras, rendemento de cultivos agrícolas e avances de superficies e produción de cultivos agrícolas.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, ata o 28 de febreiro de 2018, no lote 1; ata o 31 de decembro de 2017, no lote 2.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79330000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: oferta económica.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 72.567,56 euros, IVE (21 %): 15.239,18 euros. Importe total: 87.806,74 euros (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 72.567,56 euros.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se conta coa clasificación: grupo L, subgrupo 3, categoría A (ou grupo L, subgrupo 3, categoría 1) está exento de presentar solvencias (epígrafe H da folla de especificacións).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas: definitiva: polo 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas) 981 54 66 96 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26380

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico arriba sinalado.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. A efectiva adscrición dos medios persoais mínimos necesarios (epígrafe K da folla de especificacións) á execución do contrato considérase obriga esencial para os efectos do previsto no artigo 223.f) do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural