Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto con tramitación urxente para contratar o servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña, campaña de verán 2016 (expediente 20/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 881 88 12 36.

5º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: expediente nº 20/2016.

1. Servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son, na provincia da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 20 de xuño de 2016 ata o 3 de setembro de 2016, segundo os períodos relacionados no prego.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV 2008: 55000000-1, 50700000-2 e 90910000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento oitenta e tres mil catrocentos corenta euros con noventa e un céntimos (183.440,91 €). IVE (10 %): dezaoito mil trescentos corenta e catro euros con nove céntimos (18.344,09 €). Importe total: douscentos un mil setecentos oitenta e cinco euros (201.785 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura da proposta.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e a data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 11 de maio de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña