Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación do servizo de administración e soporte de ferramentas de soporte a procesos ITIL (contratación documentalmente simplificada) (expediente AB-SER1-16-027).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-16-027.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de administración e soporte de ferramentas de soporte a procesos ITIL.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano a partir do 1 de xuño de 2016 ou desde a sinatura do contrato se esta for posterior á citada data.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72260000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Plan de prestación do servizo e metodoloxía de traballo que se vai utilizar

0-38

Cambio de produto

0-12

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Valores de prestación do servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 197.280 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 82.200 euros. Importe total: 99.462 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos