Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 28 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2015/102-3.

Notifícaselle á interesada, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona, anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte á publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 28 de abril de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Nome ou razón social

NIF/CIF

Enderezo

IN635A 2015/102-3

Industrias Méndez, S.A.

Avda. Abelardo Arce, 32970 Ourense