Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos, mediante un procedemento aberto, multicriterio e harmonizado, para a realización dos traballos de campo nas enquisas a fogares.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2016/640.1/25101-25201/01.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23742

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: realización dos traballos de campo nas enquisas a fogares do IGE.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 12 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.074.008,26 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.037.004,13 €. Importe total: 1.254.775 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 5 de abril de 2016.

c) Contratista: Enquisa, S.L. CIF: B15370901.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 985.000 €. Importe total: 1.191.850 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística