Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 4 de maio de 2016, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/29/2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se poidese efectuar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Xefatura Territorial da Coruña do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de maio de 2016

O/a xefe/a do Servizo de Consumo da Coruña
P.S. (Resolución do 20.4.2016)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/29/2016.

Interesada: Revisol Gas, S.L.

CIF/NIF: B70398011.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/30/2016.

Interesada: Revisol Gas, S.L.

CIF/NIF: B70398011.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.