Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 19001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican as resolucións dos procedementos de reintegro das subvencións concedidas ao expediente TR352B 2011/247-0 e un máis, regulados na Orde do 30 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 17 de xaneiro de 2011).

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, notifícanselle ás entidades relacionadas no anexo as resolucións dos procedementos de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro das resolucións e a constancia de tal coñecemento no prazo dun mes.

As resolucións que se notifican esgotan a vía administrativa. Os interesados poderán interpor contra elas recursos contencioso-administrativos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderán interpor recursos de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes. A eficacia dos actos administrativos quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

1. Entidade: Federación de Autónomos de Galicia (Feaga).

Enderezo: rúa Alcalde Suárez Ferrín, 15, soto 2, local 1, 15011 A Coruña.

Nº de expediente: TR352B 2011/247-0.

Acto que se notifica: resolución de expediente de reintegro parcial.

Data do acto: 5 de abril de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da citada Orde do 30 de decembro de 2010 e artigos 77 e 80.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade a reintegrar: 24.057,86 €.

2. Entidade: Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra.

Enderezo: avenida García Barbón, 104, 1º, 36201 Vigo.

Nº de expediente: TR352B 2011/303-0.

Acto que se notifica: resolución de expediente de reintegro parcial.

Data do acto: 5 de abril de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da citada Orde do 30 de decembro de 2010 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade a reintegrar: 16.323,72 €.