Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (168/2015).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 168/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Justo Prado Vázquez contra Rovi-Lugo, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Justo Prado Vázquez, representado por el graduado social Sr. Palmón Díaz, contra Rovi-Lugo, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.281,85 euros, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, a afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E, para que sirva de notificación en forma a Rovi-Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 22 de abril de 2016

O secretario xudicial