Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2016/59-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: substitución apoio nº 1-11 da LMTA CII818 en Outeiro.

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 180 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 1-10 no tramo CII8180823 e final no apoio existente nº 1-12 no tramo CII8180941. Substitución do apoio nº 1-11 por un CH-630/13. A instalación está situada en Outeiro, Coiro, Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra