Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2016/58-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT e CS derivada A Bouza de Cea.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas:

LMT a 20 kV estruturada en tres tramos:

1. Aéreo: lonxitude: 115 metros; condutor: LA-56; orixe: apoio proxectado CH-2500-13P; final: apoio existente: C-2000-14.

2. Subterráneo: lonxitude: 204 metros; condutor: RHZ; orixe e final: punto de acceso proxectado sobre canalización existente na VAR817B, unha vez que entre e saia do CS proxectado.

3. Subterráneo: lonxitude: 83 metros; condutor: RHZ; orixe: CS proxectado; final: paso aerosubterráneo no apoio proxectado CH-2500-13P.

Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado na travesía A Bouza de Cea, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra