Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2016/26-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Compañía Española de Algas Marinas, S.A.

Domicilio social: polígono industrial das Gándaras de Budiño, 36418 O Porriño.

Denominación: LMTS, CS Ceamsa-polígono das Gándaras.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 220 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aerosubterráneo en apoio existente da LMTA ATI708 unha vez que entre e saia do CS proxectado Ceamsa. Centro de seccionamento con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no polígono das Gándaras, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra