Intentada a notificación do acordo da xefa territorial de Lugo do 8 de abril de 2016, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.
Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.
Lugo, 25 de abril de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2013/114-2.
Nome: Mónica Gutiérrez Vargas.
DNI/NIF: Y0488306F.
Último enderezo coñecido: avenida de Portugal, 25, 2º C, 27500 Chantada, Lugo.
Feito imputado: non manter a actividade que fundamente a concesión da axuda recollida na Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, durante un período mínimo de dous anos.
Precepto infrinxido: artigo 12.a) da orde de convocatoria.
Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 8 de abril do 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.