Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18192

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o primeiro cuadrimestre do ano 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data da sinatura

Descrición

Importe
total

11.4.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para levar a cabo as obras de instalación dunha pista de atletismo hidráulica cuberta no recinto feiral de Expourense en Ourense.

2.730.054,50 €