Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de licitación (expediente C 06/16).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilaboa.

2. Obxecto do contrato: reasfaltado e mellora da pista municipal O Toural-As Salinas (PPOS 2015).

3. Prazo de execución: un mes.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso, único criterio de adxudicación, prezo.

6. Base ou tipo de licitación. Valor estimado: 80.369,85 €; B. IVE (21 %): 16.877,67 €; importe total: A+B: 97.247,52 €.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de información e documentación:

Entidade: Concello de Vilaboa.

Enderezo: O Toural, 1, 36141 Vilaboa.

Teléfono: 986 70 82 15. Fax: 986 70 83 87.

Perfil do contratante na páxina web do Concello: www.vilaboa.org

10. Proposicións. Lugar e prazo de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Vilaboa, durante o prazo vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (BOP, DOG). Documentación: cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Capacidade para contratar: segundo establece a cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Máis información nos pregos, que se poderán consultar en horario de oficina na propia casa do concello e na páxina web do Concello (www.vilaboa.org).

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego tipo e no cadro de características do contrato.

Vilaboa, 19 de abril de 2016

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde