Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18178

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea constituínte do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia.

A Comisión Xestora, como órgano de goberno provisional do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, informa de que:

Segundo recolle a Lei 3/2015, do 12 de xullo, de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia (DOG núm. 127, do 8 de xullo), vén informar da data de realización da asemblea constituínte que terá lugar na Facultade de Ciencias da USC, Campus de Lugo, o próximo 27 de maio; a primeira convocatoria é ás 16.30 horas e a segunda ás 16.45 horas.

Para que conste, asino este documento.

Lugo, 9 de maio de 2016

José A. López
Presidente da Comisión Xestora