Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (68/2016).

Execución de títulos xudiciais 68/2016

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 787/2012

Sobre ordinario

Demandante: Eduardo Antonio Ríos García González

Demandados: Fran Casais Construcciones, S.L.U., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial

Edicto.

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 68/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Antonio Ríos García González contra Fran Casais Construcciones, S.L.U., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Único. Eduardo Antonio Ríos García González presentou escrito en que solicita a execución da sentenza 368/2015 ditada no PO 787/2012 fronte a Fran Casais Construcciones, S.L.U., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza 368/2015 ditado no PO 787/2012 concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 8.058,61 euros de principal (6.028,68 euros de salarios + 2.029,93 euros de xuros do artigo 29.3) e de 805,86 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses desde o despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se incumprise a obriga de manifestar bens ou se ocultasen elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se instase, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a letrada da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución sentenza 368/2015 ditada no PO 787/2012 a favor da parte executante, Eduardo Antonio Ríos García González, fronte a Fran Casais Construcciones, S.L.U., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 8.058,61 euros de principal (6.028,68 euros de salarios + 2.029,93 euros de xuros do artigo 29.3) e de 805,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274 e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Eduardo Antonio Ríos García González presentou demanda de execución da sentenza 368/2015 ditada no PO 787/2012 fronte a Fran Casais Construcciones, S.L.U., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. O 19.4.2016 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 8.058,61 euros de principal (6.028,68 euros de salarios + 2.029,93 euros de xuros do artigo 29.3) e de 805,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Fran Casais Construcciones, S.L.U., realizada polo decreto do 16.3.2013, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela na ETX 266/2012.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non teña ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e co contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, se ditou por auto desta data, sendo procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e que se poderá ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as pescudas de bens do artigo 250 desta lei, e deberá darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, se é o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a executada adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Fran Casais Construcciones, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante Eduardo Antonio Ríos García González e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que sirva de notificación en legal forma a Fran Casais Construcciones, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza