Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1345/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1345/2012 por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Marcelino Sánchez Huergo, a herdanza xacente do anterior, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, nos cales recaeu Sentenza do 13 de abril de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega contra a empresa Marcelino Sánchez Huergo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Marcelino Sánchez Huergo a lle aboar a Mutua Gallega a cantidade de dous mil cento noventa e dous euros con dous céntimos de euro (2.192,02 euros) en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo anticipadas pola Mutua Gallega. Deberán responder subsidiariamente da cantidade de oitocentos corenta e nove euros con corenta e sete céntimos de euro (849,47 euros) o Instituto Nacional da Seguridade Social, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marcelino Sánchez Huergo e á herdanza xacente do anterior, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de abril de 2016

A secretaria xudicial