Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 28 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00300 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca.

– BBVA transacción 1316 NIF S1511001H.

– Santander.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

PO-00107-I-2010

RA/M/2015/00300

M-2295-NY/R-19884-R

Axente de inspección PO007

Ángel Moratalla Monreal

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

20.1.2010; 10.30; A-52; 278,3

Art. 140.24 LOTT

1.001 €

Estimatoria parcial, revogando parcialmente a sanción imposta

XC-01980-O-2013

RA/M/2015/00340

6457-FRT

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L.

Transportes de mercadorías perigosas utilizando vultos sen as marcas e etiquetas prescritos polo ADR parte 5.

3.6.2013; 19.48; N-550; 43,50

Art. 140.25.6 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-02549-O-2013

RA/M/2015/00342

6457-FRT

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L.

Transportes de mercadorías perigosas utilizando vultos (envases, embalaxes, recipientes a presión, GRG, grandes embalaxes) sen as marcas e etiquetas prescritos polo ADR parte 6.

3.6.2013; 19.49; N-550; 43,50

Art. 140.25.6 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

DX-00058-I-2013

RA/M/2015/00371

3641-FTV e 4929-DFS

Axente de inspección DX/003

Grupo Operador de Transportes Pedro Ruibal, S.L.

Carencia significativa de follas de rexistro, ou de datos rexistrados no tacógrafo ou nas tarxetas dos condutores que exista obriga de conservar na sede da empresa.

25.6.2013; 10.30

Art. 140.21 LOTT

4.002 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

DX-00077-I-2013

RA/M/2015/00372

8392-DFG

Axente de inspección DX/003

Grupo Operador de Transportes Pedro Ruibal, S.L.

Carencia significativa de follas de rexistro, ou de datos rexistrados no tacógrafo ou nas tarxetas dos condutores que exista obriga de conservar na sede da empresa.

25.6.2013; 10.30

Art. 140.21 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00371-O-2013

RA/M/2014/00544

SE-4369-DC/R-6339-BBC

Garda Civil 3200 G24802M

Transmario, S.L.

Utilizar a tarxeta doutro condutor ou unha folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do condutor.

13.2.2013; 9.25; A-52; 0132,000

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta