Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18051

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016 pola que se modifica o anexo IV da Orde da Consellería de Facenda do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias.

A Orde da Consellería de Facenda do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias regula, no anexo IV, as especificacións técnicas do/s arquivo/s informático/s para confeccionar as declaracións D-041 e as autoliquidacións 041.

A disposición adicional sexta da orde autoriza a Dirección da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) a modificar ou actualizar mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia os seus anexos cando sexa preciso, como consecuencia da modificación das normas legais ou regulamentarias ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos, os cambios de sistemas ou calquera outra circunstancia que precise a correspondente plasmación nos modelos aprobados ou nas normas ou especificacións técnicas aprobadas polos devanditos anexos.

Sendo preciso, para efectos técnicos, ampliar o número de caracteres reservado ao número de premios pagados no período da declaración da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, procédese á súa modificación.

Por todo iso, conforme o exposto, de acordo co establecido na disposición adicional sexta da Orde da Consellería de Facenda do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias,

RESOLVO:

Primeiro. Introdúcense as seguintes modificacións na Orde da Consellería de Facenda do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias:

A) Substitúese o anexo IV da orde polo que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO I

ANEXO IV

Especificacións técnicas do/dos arquivo/s informático/s
para confeccionar as declaracións D-041 e as autoliquidacións 041

A) Características dos arquivos informáticos que se van remitir electronicamente:

Os arquivos informáticos que sean remitir electronicamente a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) haberán de cumprir as seguintes características:

• Nome do arquivo: D041_NNNNNNNNN_AAAA_TT, onde os valores seguintes serán:

– NNNNNNNNN: o NIF da empresa (9 caracteres ou díxitos).

– AAAA: os 4 díxitos correspondentes ao exercicio fiscal a que se refire a declaración.

– TT: os 2 díxitos correspondentes ao trimestre a que se refire a declaración.

• Extensión do arquivo: TXT.

• O ficheiro que contén os datos para a confección dos modelos D-041 e 041 será de formato texto plano, codificación ISO 8859-1.

• Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas sen caracteres especiais e sen vogais acentuadas. Todos os campos numéricos presentaranse aliñados á dereita e recheos con ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar. Todos os campos terán contido, de non ser que se especificase o contrario na descrición do campo. Se non o tivesen, os campos numéricos encheranse con ceros e tanto os alfanuméricos como os alfabéticos con brancos.

B) Deseños lóxicos: descrición dos rexistros dos datos do arquivo:

Para cada declarante incluiranse catro tipos diferentes de rexistro, que se distinguen pola primeira posición, de acordo cos seguintes criterios:

• Tipo 1: rexistro único da declaración: datos de identificación da declaración. Deseño do tipo de rexistro 1 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

• Tipo 2: rexistro dos datos para a declaración informativa e para a autoliquidación. Recolle a información correspondente ao período a que se refire a declaración. Deseño do tipo de rexistro 2 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

• Tipo 3: rexistro dos datos para a declaración informativa e para a autoliquidación. Recolle a información correspondente de maneira acumulada desde a data de devindicación do exercicio ata o fin do período a que se refire a declaración. Deseño do tipo de rexistro 3 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

• Tipo 4: rexistro dos datos para a declaración informativa e para a autoliquidación. Recolle a información correspondente á relación de premios. Deseño do tipo de rexistro 5 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos

A orde de presentación será a do tipo de rexistro e existirá:

• Para o tipo 1: un rexistro.

• Para o tipo 2: un rexistro por tipoloxía de aposta.

• Para o tipo 3: un rexistro por tipoloxía de aposta.

• Para o tipo 4: un rexistro por cada premio superior a 2.500 € declarado.

Tipo de rexistro 1: rexistro da declaración: datos da declaración (posicións, natureza e descrición dos campos).

Para o tipo 1: un rexistro.

Posicións

Natureza

Descrición dos campos

1

Numérica

Tipo de rexistro:

Constante número «1».

2-5

Alfanumérica

Modelo declaración:

Constante «D041».

6-14

Alfanumérica

NIF:

NIF do suxeito pasivo.

15-18

Numérica

Exercicio:

As catro cifras do exercicio fiscal a que corresponde a declaración.

19

Numérica

Período:

O díxito do trimestre natural a que corresponde a declaración.

20

Alfabética

Declaración complementaria:

Cubrirase con brancos. No caso excepcional da segunda ou posterior presentación de declaracións, deberá cubrirse obrigatoriamente este campo de maneira que se consignará un «C» se a presentación desta declaración ten por obxecto incluír rexistros que:

– Debendo figurar na declaración do mesmo período presentada anteriormente, fosen completamente omitidos nela, salvo que tivese que presentarse unha solicitude de rectificación de autoliquidación,

ou/e

– Figurando na declaración a que complementa, os datos que se comunican supoñen a presentación dunha autoliquidación complementaria de acordo coa Lei xeral tributaria.

21-33

Alfanumérica

Número identificativo da declaración anterior:

No caso de que se consignase un «C» no campo «Declaración complementaria», consignarase o número identificativo correspondente a declaración a que complementa (D041XXXXXXXXX), que será sempre a primeira presentada para ese período. En calquera outro caso deberá cubrirse con brancos.

Para o tipo 2: un rexistro por cada tipoloxía de aposta.

Posicións

Natureza

Descrición dos campos

1

Numérica

Tipo de rexistro:

Constante número «2».

2-3

Alfabética

Tipo de aposta:

Consignarase, segundo a tipoloxía da aposta:

MU: apostas mutuas.

CR: apostas cruzadas.

CO: apostas de contrapartida.

4-12

Numérica

Nº de apostas validadas:

Consignarase o número de apostas validamente formalizadas no período a que se refire a declaración.

13-26

Numérica

Cantidades apostadas:

Consignarase o importe total correspondente ás cantidades apostadas polos xogadores, incluídas aquelas cantidades que fosen devoltas de acordo co Regulamento de apostas, polas apostas validamente formalizadas no período a que se refire a declaración, expresado en céntimos de euro.

27-35

Numérica

Nº de apostas anuladas:

Consignarase o número de apostas validamente formalizadas que se anulasen no período a que se refire a declaración, de acordo co disposto no Regulamento de apostas. No caso de que non houber apostas anuladas, cubrirase con ceros.

36-49

Numérica

Devolucións:

Consignarase o importe total correspondente ás cantidades apostadas polos xogadores e que fosen devoltas no período a que se refire a declaración, de acordo co Regulamento de apostas, expresado en céntimos de euro. No caso de que non houber devolucións, cubrirase con ceros.

50-58

Numérica

Nº de premios pagados:

Consignarase o número de premios pagados no período a que se refire a declaración.

59-72

Numérica

Premios pagados:

Consignarase o importe total correspondente ás cantidades obtidas en premios polos xogadores, que efectivamente aboase a empresa no período a que que se refire a declaración, expresado en céntimos de euro.

Para o tipo 3: un rexistro por cada tipoloxía de aposta.

Posicións

Natureza

Descrición dos campos

1

Numérica

Tipo de rexistro:

Constante número «3».

2-3

Alfabética

Tipo de aposta:

Consignarase, segundo a tipoloxía da aposta:

MU: apostas mutuas.

CR: apostas cruzadas.

CO: apostas de contrapartida.

4-12

Numérica

Nº de apostas validadas:

Consignarase o número de apostas validamente formalizadas desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración.

13-26

Numérica

Cantidades apostadas:

Consignarase o importe total correspondente ás cantidades apostadas polos xogadores, incluídas aquelas cantidades que fosen devoltas de acordo co Regulamento de apostas, polas apostas validamente formalizadas desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración, expresado en céntimos de euro.

27-35

Numérica

Nº de apostas anuladas:

Consignarase o número de apostas validamente formalizadas que se anulasen desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración, de acordo co disposto no Regulamento de apostas. No caso de que non houber apostas anuladas, cubrirase con ceros.

36-49

Numérica

Devolucións:

Consignarase o importe total correspondente ás cantidades apostadas polos xogadores e que fosen devoltas desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración, de acordo co Regulamento de apostas, expresado en céntimos de euro. No caso de que non houber devolucións, cubrirase con ceros.

50-58

Numérica

Nº de premios pagados:

Consignarase o número de premios pagados desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración.

59-72

Numérica

Premios pagados:

Consignarase o importe total correspondente ás cantidades obtidas en premios polos xogadores, que efectivamente aboou a empresa desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración, expresado en céntimos de euro.

Para o tipo 4: un rexistro por cada premio superior a 2.500 € declarado.

Posicións

Natureza

Descrición dos campos

1

Numérica

Tipo de rexistro:

Constante número «4».

2

Alfanumérica

Tipo de documento:

Consignarase:

– N, cando se trate do NIF ou do NIE.

– P, cando se trate do pasaporte.

– O, cando se trate doutro número identificativo e só en defecto de NIF/NIE ou pasaporte.

3-17

Alfanumérica

Nº de documento:

Consignarase o NIF; só na súa falta, consignarase o NIE, o número de pasaporte ou, se non hai máis remedio, o número de identidade que correspondese en cada caso da persoa titular do premio.

18-67

Alfanumérica

Apelidos e nome:

Consignaranse os apelidos e o nome da persoa titular do premio.

68-97

Alfanumérica

Identificación da aposta:

Consignarase o número identificativo da aposta validamente formalizada que se corresponde co premio.

98-99

Alfanumérica

Tipo de aposta:

Consignarase, segundo a tipoloxía da aposta:

MU: apostas mutuas.

CR: apostas cruzadas.

CO: apostas de contrapartida.

100-108

Numérica

Cantidade apostada:

Consignarase o importe total correspondente á cantidade apostada pola persoa titular do premio na aposta premiada, expresado en céntimos de euro.

109-116

Numérica

Data de validación da aposta:

Consignarase a data en que se formalizou validamente a aposta, en formato ddmmaaaa, onde:

– dd: díxitos correspondentes ao día.

– mm: díxitos correspondentes ao mes.

– aaaa: díxitos correspondentes ao ano.

117-128

Numérica

Premio pagado:

Consignarase o importe total do premio efectivamente aboado á persoa titular del, correspondente á aposta identificada, expresado en céntimos de euro.

129-136

Numérica

Data de pagamento do premio:

Consignarase a data en que se fixo efectivo o pagamento do premio correspondente, en formato ddmmaaaa, onde:

– dd: díxitos correspondentes ao día.

– mm: díxitos correspondentes ao mes.

– aaaa: díxitos correspondentes ao ano.

137-166

Alfanumérica

Nº de recibo:

Consignarase o número identificativo do recibo ou xustificante do pagamento entregado á persoa titular do premio.