Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/169-1, no termo municipal de Ferrol.

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada recuamento LMT SMR-712/SMR-713-rúa Instituto, no termo municipal de Ferrol (expediente IN407A 2015/169-1), pola Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 1 de marzo de 2016, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., efectúase a convocatoria para levantamento das actas previas á ocupación de acordo co establecido no artigo 52.2 da Lei de expropiación forzosa. Mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación que terá lugar sobre o terreo, seguindo o cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Tal e como se establece no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar...».

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 28 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/169-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT SMR-712/SMR-713-rúa Instituto.

Concello: Ferrol.

Nº predio

Concello

Lugar

Titular

Data

Hora

1

Ferrol

Casquido

Descoñecido

23.6.2016

11.30