Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de creación de recursos dixitais de materiais bibliográficos conservados en institucións da memoria relacionadas co patrimonio cultural de Galicia e destinados a incrementar a colección de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia (tres lotes).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23800

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 245, do 24 de decembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: servizo de creación de recursos dixitais de materiais bibliográficos conservados en institucións da memoria relacionadas co patrimonio cultural de Galicia e destinados a incrementar a colección de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia (3 lotes).

Lote 1: prensa histórica galega depositada na Biblioteca de Galicia, na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra e na Biblioteca pública de Ponteareas.

Lote 2: monografías e materiais especiais dos fondos singulares de institucións da memoria da provincia da Coruña.

Lote 3: mellora da calidade dos datos bibliográficos de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia mediante a súa publicación como datos abertos enlazados.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 74.380,17 €.

IVE (21 %): 15.619,84 €.

Importe total: 90.000,01 €, IVE incluído.

Lote 1: 63.685,00 €, IVE incluído (s/IVE 52.632,23 € + IVE (21 %)11.052,77 €).

Lote 2: 19.055,01 € IVE incluído (s/IVE 15.747,94 € + IVE (21 %) 3.307,07 €).

Lote 3: 7.260,00 €, IVE incluído (s/IVE 6.000,00 € + IVE (21 %) 1.260,00 €).

5. Formalización do contrato.

Lote 1: prensa histórica galega depositada na Biblioteca de Galicia, na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra e na Biblioteca pública de Ponteareas.

a) Data de adxudicación: 12 de abril de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 20 de abril de 2016.

c) Contratista: Digibís, S.L.

d) Importe de adxudicación: 52.632,23 euros, IVE excluído.

Lote 2: monografías e materiais especiais dos fondos singulares de institucións da memoria da provincia da Coruña.

a) Data de adxudicación: 12 de abril de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 20 de abril de 2016.

c) Contratista: Digibís, S.L.

d) Importe de adxudicación: 15.747,94 euros, IVE excluído.

Lote 3: mellora da calidade dos datos bibliográficos de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia mediante a súa publicación como datos abertos enlazados.

a) Data de adxudicación: 12 de abril de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 20 de abril de 2016.

c) Contratista: Digibís, S.L.

d) Importe de adxudicación: 5.700,00 euros, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria