Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación co Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2016, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 59, 62, 67.4, 75.c), 87.1 e 87.2, 94, 101 e a disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
Segundo. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.
Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
Madrid, 8 de abril de 2016
Cristóbal Montoro Romero |
Alfonso Rueda Valenzuela |