Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, da subministración dunha solución WiFi para centros educativos de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 46/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 46/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dos equipamentos centrais de xestión da rede WiFi, así como a subministración, configuración e instalación de puntos de acceso nos centros educativos.

b) División por lotes e número: si.

Lote 1: solución WiFi para centros tipo I: 1.088 puntos de acceso.

Lote 2: puntos de acceso para centros tipo II: 334 puntos de acceso.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto deste contrato será de dous meses contados a partir da data de formalización do contrato.

O prazo para a instalación, configuración e posta en produción será de catro meses desde a entrega da subministración, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega e posta en produción, que se estenderán durante o prazo de garantía.

Lugar de entrega: a entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.652.724,00 € máis 347.072,04 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.999.796,04 €, que se distribúen segundo os lotes:

Lote 1: solución WiFi para centros tipo I: 1.420.928,00 € + IVE (298.394,88 €) = 1.719.322,88 €.

Lote 2: puntos de acceso para centros tipo II: 231.796,00 € + IVE (48.677,16 €) = 280.473,16 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26437

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante:

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 31.5.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de publicación do anuncio previo: 8.3.2016.

13. Data de envío ao DOUE: 2.5.2016.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia