Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 9 de maio de 2016 Páx. 17767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de abril de 2016 pola que se notifica requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento número 16 do porto de Baiona.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Antonio Granja Álvarez, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento número 16 do porto de Baiona, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na estrada de Portugal, número 3, 4º, da Ramallosa-Nigrán, provincia de Pontevedra.

Unha vez vencido amplamente o prazo de vixencia da autorización outorgada no ano 2013, a Xefatura da Zona Sur remitiu dúas ordes para proceder ao desaloxo ou a regularizar a ocupación presentando nova solicitude, que foron devoltas polo servizo de Correos.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei; do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o cal poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia