Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1262/2014).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1262/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elena Fernández Garrido contra Yingming y Pinye, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Elena Fernández Garrido contra a entidade Yingming y Pinye, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Yingming y Pinye, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 3.712,67 euros brutos, por diferenzas salariais devindicadas no ano 2013 (seis días de agosto, setembro, outubro, novembro e decembro) e o ano 2014 (xaneiro, febreiro, marzo, abril, seis días correspondentes ao mes de maio, catro días de xuño e nove días de xullo), incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á Yingming y Pinye, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza