Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16946

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (1059/2010).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxos feitos e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Decreto.

Secretaria: María del Carmen Álvarez Iglesias.

En Sarria o vinte e seis de xaneiro de dous mil dezaseis

Feitos:

Primeiro. Promovido o presente procedemento de división de herdanza, convocouse a xunta aos interesados para o nomeamento de contadores-partidores que practicasen as operacións divisorias dos bens das herdanzas dos finados Manuel González García, Pedro González Díaz, Manuela Gómez Armesto, Filomena González González, Carmen González González, Josefa González González e Manuel López Rodríguez, e designáronse os letrados José Vispo Montero, Jesús García Bernardo e Jaime Félix López Arias como contadores, quen aceptaron o cargo e formalizaron as operacións particionais.

Segundo. Postas de manifesto as operacións divisorias na Secretaría polo prazo de oito días, facéndollelo saber ás partes, transcorreu o devandito prazo sen que aquelas formalizasen oposición.

Parte dispositiva:

Apróbanse as operacións divisorias dos bens das herdanzas dos finados Manuel González García, Pedro González Díaz, Manuela Gómez Armesto, Filomena González González, Carmen González González, Josefa González González e Manuel López Rodríguez, confeccionadas polos contadores José Vispo Montero, Jesús García Bernardo e Jaime Félix López Arias.

Unha vez firme a presente resolución remítase o caderno particional orixinal xunto con testemuño da presente resolución para a súa protocolización conxunta na notaría desta vila.

Así o dispoño, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Ramón López González, Manuel María López González e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese nas herdanzas dos finados Manuel González García, Pedro González Díaz, Manuela Gómez Armesto, Filomena González González, Carmen González González, Josefa González González e Manuel López Rodríguez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 1 de marzo de 2016

A secretaria xudicial