Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2016/029-1).

Expediente: IN407A 2016/029-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: LMT aéreo-subterránea SC 20 kV Mata-Xanceda-Beledo.

Concello: Mesía.

Características técnicas:

A liña proxectada consiste en tres tramos diferenciados, dous aéreos e un subterráneo:

Tramo 1: tramo aéreo en condutor cuberto CCX117 AL3 20 kV, sobre apoios de formigón e celosía de 1.354 metros, que discorre polos lugares de Mata, O Pasadoiro, A Carballa, As Pereiras e A Igrexa.

Tramo 2: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×240 Al mm2, de 160 metros de lonxitude coa orixe nos empalmes que se realizarán na actual liña subterránea (expediente IN407A 2006/484-LMTS e CT Igrexa-Xanceda) á altura do apoio existente nº 77 e final no apoio nº 78, onde se executará unha transición aéreo-soterrada.

Tramo 3: tramo aéreo en condutor cuberto CCX117 AL3 20 kV, sobre apoios de formigón e celosía de 680,13 metros que dicorre polos lugares do Picho, Carreira e Beledo.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña