Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Oroso e Frades (expediente IN407A 2016/254-1).

Expediente: IN407A 2016/254-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: LMT aérea SC 20 kV a CT Castiñeiro e CT Garabanxa.

Concellos: Oroso e Frades.

Características técnicas:

A instalación proxectada consiste no cambio do condutor da liña existente LMT CT Castiñeiro (Moar) e RBTA (expediente IN407A 2015/542-1) e a adecuación dos transformadores Garabanxa e Castiñeiro:

– Tramo 1: tramo aéreo en condutor cuberto CCX 47-A O1/8-ST1A 20 kV, sobre apoios de formigón de 2.225,76 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 141 HVH 2500/12 da liña LMT eixe Cimadevila-Rabal (expediente IN407A 2009/303-1) e final no apoio nº 21 (centro de transformación de intemperie Castiñeiro).

– Tramo 2: tramo aéreo en condutor cuberto CCX 47-A O1/8-ST1A 20 kV, sobre apoios de formigón de 174,53 metros de lonxitude, derivada a CT Garabanxa, orixe no apoio nº 12 existente HV 1660/13 do tramo de liña anterior e final no centro de transformación de intemperie Garabanxa.

– CTI Castiñeiro: adecuación do centro de transformación de intemperie 160 kVA, relación de transformación 20.000/400/230 voltios, sen substitución deste, e modificación do apoio actual instalando un apoio de formigón HVH 2000/13.

– CTI Garabanxa: adecuación do centro de transformación de intemperie 100 kVA, relación de transformación 20.000/400/230 voltios, sen substitución deste, e modificación do apoio actual instalando un apoio de formigón HVH 2000/13.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña