Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 17022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de abril de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle notifica á interesada a resolución de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a interesada a resolución, ditada pola directora da Axencia Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio na clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega do establecemento relacionado, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro

A Coruña, 25 de abril de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión Bubús.

Titular: Bubús Club, S.L.

NIF: B15885759.

Dirección: lugar de Abuín-Ser, s/n.

Concello: 15861 Santa Comba.