Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por David Pose García.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 71/2016 (procedemento abreviado), interposto por David Pose García contra a Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, do 23 de setembro de 2015, notificada o 24 de setembro, pola que se dá publicidade aos postos de traballo outorgados ao persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo pertencente ás categorías profesionais que son obxecto de reclasificación, así como contra a Orde da Consellería de Sanidade, do 23 de xullo de 2015, pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos de determinados servizos non clínicos da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo (DOG núm. 139, do 24 de xullo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado, como codemandadas, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos