Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (28/2016).

ETX. Execución de títulos xudiciais 28/2016

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 807/2015

Sobre despedimento

Demandante: Eva Sieira Campos

Avogada: María Jesús Vázquez Bol

Demandados: Eduardo Pedrares Mato, Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 28/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Sieira Campos contra Eduardo Pedrares Mato e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o 4 de abril de 2016.

Por ter sido presentado con data do 11 de marzo de 2016 por Eva Sieira Campos, únase aos autos da súa razón, e

Antecedentes de feito:

Primeiro. Eva Sieira Campos presentou demanda de execución contra Eduardo Pedrares Mato.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 10 de febreiro de 2016 por un total de 9.946,43 euros de principal (8.935,74 euros de indemnización + 987,69 euros de salarios e outras cantidades + 23 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores), e de 994,64 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas non se obtivo cantidade ningunha. Déuselles audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e á parte executante tras o resultado negativo do resto de investigación realizadas.

Cuarto. A parte executante presentou escrito en que manifesta que descoñece outros bens da parte executada que poderían ser susceptibles de embargo e solicita que se proceda á declaración de insolvencia da empresa executada.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social que, de no se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as investigacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado, Eduardo Pedrares Mato, en situación de insolvencia total por importe de 9.946,43 euros de principal (8.935,74 euros de indemnización + 987,69 de salarios e outras cantidades + 23 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), e de 994,64 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e indicar, no campo Concepto, “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que sirva de notificación en legal forma para efectos informativos, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza