Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (206/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 206/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Denise Domix Pagliarini contra o Fondo de Garantía Salarial e Iago García Justo, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Denise Domix Pagliarini contra o empresario individual Iago García Justo e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Iago García Justo a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.483,59 € brutos, por salarios percibidos durante a relación laboral (agosto a outubro de 2014), e a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no interese do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Iago García Justo, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza