Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16508

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 4 de abril de 2016 polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Piñor (recadación da taxa de subministración de auga e canon da Xunta de Galicia).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a corporación provincial, na sesión do día 31 de marzo de 2016 faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Piñor (recadación da taxa de subministración de auga e canon da Xunta de Galicia) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 4 de abril de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación de Ourense