Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16509

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 30 de maio de 2016 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez 3, a poxa de armas composta por 811 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostos ao público os días 23, 24, 25, 26 e 27 de maio neste acuartelamento, das 9.00 ás 14.00 horas, horario no cal se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega destes coas ofertas rematará ás 13.00 horas do día 27 de maio.

Poderán concorrer a ela as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 12 de abril de 2016

Fernando Pedreira Lata
Tenente coronel xefe accidental
da Comandancia da Garda Civil da Coruña