Expediente: IN407A 2016/250-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: reordenación LMTS SMR-733 rúa Santa Comba.
Concello: Ferrol.
Características técnicas:
Tramo de liña de media tensión soterrada SMR 733 entre CT Sánchez Calviño e CT Santa Comba, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,556 km, con orixe en empalmes proxectados coa LMTS SMR 733, no tramo entre a subestación de Santa Mariña (expediente 18352) e o CT Sánchez Calviño (expediente 29000), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña do CT Sánchez Calviño (expediente 29000), logo de realizar entrada e saída no CT Santa Comba (expediente 52265) que se vai reformar.
Reforma CT Santa Comba (expediente 52265) coa instalación de novas celas modulares con illamento en SF6, tipo 3L+1P, en substitución do conxunto actual, tipo 2L+1P.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 8 de abril de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña