Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: modificado LMT, CT Cumial.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

– LMT aerosubterránea a 20 kV de 101 m en aéreo con condutor LA 56/54,6 mm2 e 315 m en subterráneo con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al, con orixe na LMT SCV804, parte aérea, con PAS e remate na parte soterrada, na cela de liña do CT prefabricado proxectado Cumial de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– LMT subterránea a 20 kV de 223 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al con orixe no CT proxectado Cumial e remate CS proxectado Maniber.

– LMT subterránea a 20 kV de 43 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al con orixe no CS proxectado e remate no CT Forxados Seixalvo.

– LMT subterránea a 20 kV de 30 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al e con orixe no CS proxectado e remate no CT Maniber (32P31).

Orzamento: 170.866,48 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 8 de abril de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense