Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2015/111-2, 8304 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: adecuación liña eléctrica aérea de 20 kV CHA810.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio nº 13 existente da LMT CHA810 e final no apoio nº 16 proxectado, cunha lonxitude de 591 metros en condutor LA-110.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio nº 16 proxectado e final no apoio nº 17 proxectado, cunha lonxitude de 330 metros en condutor tipo RHZ1-240.

3. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio nº 17 proxectado da LMT CHA810 e final no apoio nº 18 existente, cunha lonxitude de 272 metros en condutor LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 12 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo