Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16048

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de abril de 2016 pola que se determinan servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal da empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa) que desenvolve a súa actividade en centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales está a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicou a convocatoria dunha folga que afectará o persoal da empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa) que desenvolve a súa actividade en centros dependentes da estrutura organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra e O Salnés. A folga desenvolverase desde as 00.00 horas do 3 de maio ás 24.00 horas do 8 de maio.

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1. A convocatoria de folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen na presente orde.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa atención aos usuarios e á protección da saúde.

Os criterios reitores que se toman como base para determinar os servizos mínimos son os seguintes:

– Días laborables:

I. Zonas onde se require a limpeza urxente (salas de extraccións, salas de curas, salas con actividades de cirurxía menor): o 100 % das presenzas habituais.

II. Restantes zonas (salas de consultas, salas de espera, corredores e outras dependencias): ata o 50 % das presenzas habituais.

– Días festivos e domingos.

En todas as áreas: o 100 % das presenzas habituais.

Con base nestes criterios, no anexo desta resolución recóllense os tramos horarios de presenza para cubrir os servizos mínimos nas xornadas de folga.

Artigo 2. A motivación dos servizos mínimos debe figurar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento dos/as destinatarios/as.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación á data de folga.

Artigo 3. A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada pola empresa e notificada ao persoal designado.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga, poderá instar a substitución da súa designación por outro/a empregado/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 4. Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 5. O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 6. Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Centro

Presenzas de servizos mínimos

Arcade

Martes a venres: das 18.00 ás 18.38

Sábado: das 9.00 ás 9.23

Caldas de Reis

Martes a venres: das 7.00 ás 7.30; das 13.30 ás 15.00

Sábado: das 7.00 ás 7.45

Domingo: das 7.00 ás 8.30

Cerdedo

Martes a venres: das 8.30 ás 9.08; das 15.00 ás 15.53

Sábado: das 8.30 ás 9.00

Domingo: das 8.30 ás 9.30

Dena

Martes a venres: das 15.00 ás 15.30

O Grove

Martes a venres: das 10.00 ás 11.08, das 15.00 ás 16.54; das 17.10 ás 18.18

Sábado: das 12.00 ás 13.00; das 16.00 ás 17.00

Domingo: das 8.00 ás 9.30

A Illa de Arousa

Martes a venres: das 18.00 ás 19.11

Lérez

Martes a venres: das 12.42 ás 14.39; das 14.30 ás 16.33

Marín

Martes a venres: das 15.00 ás 16.30

Marín (C. do Mar/Ped)

Martes a venres: das 6.00 ás 7.53; das 15.00 ás 15.30; das 19.45 ás 20.53

Sábado: das 8.00 ás 8.45; das 14.30 ás 14.45

Domingo: das 8.00 ás 9.30; das 14.30 ás 15.00

Meaño

Martes a venres: das 16.30 ás 17.00

Mollabao

Martes a venres: das 8.00 ás 10.45; das 14.00 ás 14.30; das 16.00 ás 18.00; das 18.15 ás 20.00; das 19.15 ás 22.00

Monteporreiro

Martes a venres: das 15.00 ás 15.53

Moraña

Martes a venres: das 14.00 ás 15.15

A Parda

Martes a venres: das 7.30 ás 9.45; das 14.00 ás 14.30; das 14.00 ás 15.45; das 16.00 ás 17.00; das 19.00 ás 20.38

Sábado: das 9.00 ás 9.23; das 19.15 ás 19.38

Domingo: das 9.00 ás 10.30; das 19.15 ás 20.00

Ponte Caldelas

Martes a sábado: das 15.00 ás 15.50

Raxó

Mércores e venres: das 15.00 ás 15.38

Sanxenxo

Martes a venres: das 7.30 ás 8.52; das 14.30 ás 15.30; das 15.30 ás 17.45

Sábado: das 8.00 ás 9.15; das 10.00 ás 10.15; das 18.00 ás 18.30

Domingo: das 10.00 ás 10.30; das 18.00 ás 19.00

Seixo-Marín

Martes a venres: das 18.00 ás 18.45.

Tenorio

Martes a venres: das 16.30 ás 17.20.

Vilagarcía de Arousa

Martes a venres: das 6.00 ás 8.00; das 9.15 ás 12.00; das 14.00 ás 15.30; das 18.00 ás 20.00.

Sábado: das 7.00 ás 8.00; das 10.00 ás 11.00; das 17.00 ás 19.00

Domingo: das 9.00 ás 11.00; das 17.00 ás 18.00.

Vilalonga

Martes a venres: das 15.00 ás 15.53.

Virxe Peregrina

Martes a venres: das 7.30 ás 11.15; das 15.30 ás 18.51; das 18.30 ás 21.00; das 20.30 ás 21.30.