Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 16020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do edificio institucional e de I+D na zona vella (expediente 314/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servicios Centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 314/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do edificio institucional e de I+D da Universidade de Vigo na zona vella.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Vigo.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Prazo de execución: proxecto básico: un mes desde a sinatura do contrato. Proxecto de execución: tres meses desde a sinatura do contrato. Dirección de obra: segundo a duración da obra. Documentación final: un mes desde a recepción da obra.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 71240000-2 (servizos de arquitectura, enxeñaría e planificación).

g) CPA: M: 71.11.22 (servizos técnicos de arquitectura para proxectos de edificios non residenciais).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 103.000 €. Primeiro premio: 10.000 € (este importe subsúmese dentro do concepto de proxecto básico); segundo premio: 5.000 €; terceiro premio: 2.000 €.

5. Importe de licitación: 103.000 €. IVE aplicable: 21.630 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o cuadraxésimo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, pranta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.300 euros.

Vigo, 25 de abril de 2016

O Reitor
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo