Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 16024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de delimitación de solo de núcleo rural denominado A Faia-A Igrexa, na parroquia de Bacoi, lugar de Santa María.

Aprobadas inicialmente as modificacións de solo de núcleo rural, denominado A Faia-A Igrexa, na parroquia de Bacoi, lugar de Santa María, por acordo do Pleno ordinario que tivo lugar o día 18 de marzo de 2016, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderanse presentar alegacións.

Alfoz, 1 de abril de 2016

Jorge Val Díaz
Alcalde