De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante a presente cédula a Concepción Garaban Viveiro o Acordo do 5 de novembro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio 1123, sito en Sada, relativo ao proxecto 00915 (expediente 2014/001616), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00915-treito 2 vía Ártabra (Vg-1.3). Enlace Meiras-Veigue (Ac-526). Clave: Ac/04/156.01.2.
Nº de expediente: 2014/001616.
Persoa a quen notificar: Concepción Garaban Viveiro.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Expropiado: Concepción Garaban Vieiro.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.
Predio nº: 1123.
Concello: Sada.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do Xurado: 7.690,31 €.