Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (22/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Paramos Suárez contra Pedranor, S.L., se ditou Decreto de insolvencia do 7 de abril de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Pedranor, S.L., en situación de insolvencia total, por importe de 15.827,25 euros en concepto de principal [15.216,08 euros + 611,17 euros dos xuros do artigo 29.3 do ET (4.902,8 euros)], máis outros 1.582,73 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Facer entrega de certificación á parte executante para que produza efectos ante o Fondo de Garantía Salarial, unha vez que sexa firme a presente resolución.

c) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente e sen prexuízo de continuar a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

d) Unha vez firme, inscríbase no rexistro correspondente segundo a natureza da entidade.

Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto do 25.2.2015 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3. punto final).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander e debrá indicar no campo concepto, 5076 0000 64 0022 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pedranor, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza